The Tetas` Van recibe o premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades

OurenseXa
O grupo colleitou desde os seus inicios en 2011 un grande éxito que a día de hoxe se traduce no feito de ser un dos principais grupos feministas do panorama musical galego
premio_clara_campoamor_the_tetas_van
The Tetas` Van recibe o Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades
19 Feb 2024

O xurado do XVIII Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, reunido esta mañá na sede da Concellería de Igualdade, acordou por unanimidade concederlle o galardón deste ano ao grupo musical feminista The Tetas´ Van “por reunir os requisitos recollidos nas bases do premio, xa que esta formación, ademais da súa colaboración e participación nos actos realizados en relación coa igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes, parodian temas musicais con letras reivindicativas dos dereitos das mulleres e do feminismo. O grupo colleitou desde os seus inicios en 2011 un grande éxito que a día de hoxe se traduce no feito de ser un dos principais grupos feministas do panorama musical galego”, sinala.

O xurado estivo formado por Noa Rouco Ferreira, concelleira de Igualdade; María Elena De Jesús Rodríguez, directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) de Ourense; José González Outumuro, traballador social do Grupo de Orientación Familiar (GOF) e representante da Comisión de Violencia; Sofia Valentina Rodríguez Quintela, da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes; Francisco Gallego González, en representación do ámbito social da igualdade de oportunidades e Elena Cid Muñoz, funcionaria da Concellería de  Igualdade, que actuou como secretaria.

0.1851589679718