Todo listo para a V Festa Popular da Terneira ao Espeto e da Empanada de Polo de Curral de Paderne de Allariz

O Concello de Paderne de Allariz organiza unha nova edición da Festa Popular da Tenreira ao Espeto e da Empanada de Polo de Curral que este ano celebra o seu quinto aniversario.
Será este próximo domingo, 22 de xuño, e arrancará coa xa tradicional comida popular no Pavillón Municipal, onde os asistentes gozarán dunha degustación de tenreira ao espeto e empanada de polo de curral. Ao remate, haberá actividades lúdico deportivas con monitores para os nenos e nenas.
O encargado de amenizar a velada será o grupo El Tatto e, durante a actuación, haberá un sorteo de agasallos. As entradas para a comida teñen un prezo de 20 euros por persoa, agás para os menores de 12 anos, que entrarán gratis. Os billetes poden adquirirse na Casa do Concello e nas asociación veciñais.