Baños de Molgas prepárase para celebrar o Entroido

OurenseXa
As inscricións para participar no desfile de disfraces, que terá lugar o 15 de febreiro, estarán abertas ata este xoves
entroido-baños-de-molgas
7 Feb 2026

Baños de Molgas prepárase para celebrar o Entroido de 2026, que se celebrará o próximo sábado 15 de febreiro co xa tradicional desfile de disfraces. Como novidade, este ano haberá unha comida popular pensada para fomentar a convivencia e a participación da veciñanza.

A comida dará comezo ás 13:30 horas e os tickets poden adquirirse nos distintos establecementos locais. Durante o xantar haberá animación musical a cargo da Charanga BBB. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, comezará o desfile, que partirá do Concello e contará coa animación da charanga A Felga. O Concello repartirá premios de ata 300 euros para os participantes, que poderán inscribirse ata este vindeiro xoves 12 de febreiro a través do teléfono 988 430 000.

⚙ Configurar cookies
0.081696033477783