Toén comeza esta semana o ciclo de Talleres de Memoria de 2026

O Concello de Toén dará inicio este luns, 9 de febreiro, ao ciclo de talleres de memoria para o ano 2026, unha iniciativa destinada aos maiores do municipio para mellorar a súa autonomía e calidade de vida.
A primeira sesión desenvolverase no Local Social de Toén e terá continuidade os luns pola tarde, de 16:30 a 18:00 horas. Pola súa parte, en Moreiras, o taller comezará o venres 13 de febreiro, con clases na Casa da Cultura, os venres de 18:00 a 19:30 horas. Os talleres contarán cun total de 33 sesións repartidas entre febreiro e xuño, e de setembro a decembro.
Estas actividades están organizadas polo Concello de Toén e ofrecen unha boa oportunidade para exercitar a memoria de forma regular e próxima.