Trasalba celebra as festas de San Roque con música, unha Festa da Escuma e inchables

OurenseXa
As festas comezarán esta noite e prolongaranse ata o domingo
festas-de-tyrasalba-amoeiro
22 Aug 2025

A parroquia de Trasalba, en Amoeiro, inicia este venres as súas festas en honra a San Roque, que se estenderán ata o 24 de agosto cunha programación pensada para todos os públicos.

O xoves 22 de agosto arrancará a celebración cunha verbena a cargo de Paris de Noia e Trébol.

O venres 23 de agosto continuará a festa coa orquestra Miramar e a discomóbil máis grande de España, Eme Music, dirixida por Fátima Pego.

O sábado 24 de agosto comezará ás 12:00 horas coa Misa Solemne no Campo da Festa, amenizada polos aspirantes á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Xa pola tarde, haberá sesión vermú co grupo Xoldra, seguida da Festa da Espuma e inchables gratuítos ás 18:00 horas. A xornada pecharase cunha nova actuación do grupo Xoldra ás 20:00 horas.

Estas festas ofrecen música, diversión e actividades para todas as idades nun ambiente familiar e festivo.

⚙ Configurar cookies
0.18023419380188