Trécola Producións chega a Barbadás co espectáculo “The Piccole Theatre”

OurenseXa
Será este xoves no Parque dos Patos dentro do programa Verán Cultural posto en marcha polo Concello
trecola-teatro-barbadas
7 Aug 2025

O ciclo Verán Cultural de Barbadás continúa este xoves cunha nova cita no Parque dos Patos. Ás 21:00 horas terá lugar a actuación de Trécola Producións, que presentará o espectáculo ‘The Piccole Theatre’, unha proposta que recupera a esencia do tradicional Teatriño de Feiras.

A obra supón unha nova visión da primeira creación da compañía, Teatriño de Feiras estreada no ano 1982, coa que Trécola iniciaba a recuperación das marionetas de fíos en Galicia.

A actuación está aberta ao público e forma parte da programación cultural de verán organizada polo Concello de Barbadás.

⚙ Configurar cookies
0.49334692955017