Últimos días para desfrutar do Nadal Parc en Allariz

OurenseXa
O parque estará aberto ata o 31 de decembro
nadal-parc-allariz
29 Dec 2025

O Nadal Parc de Allariz continúa aberto ata o 31 de decembro, ofrecendo aos máis pequenos a oportunidade de desfrutar de xogos, diversión e moita maxia navideña.

O evento celébrase no Pavillón do IES, en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e está dirixido a público infantil de ata 12 anos.

As entradas teñen un custo de 3 euros con tarxeta de cidadán e 4 euros sen tarxeta, e tamén hai bonos dispoñibles. O 31 de decembro, o acceso será gratuíto durante a mañá ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.079483032226562