Últimos días para inscribirse no programa Concilia Verán de Barbadás
OurenseXa
Está dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2021

Participantes no programa Concilia de Barbadás
18 Apr 2025
O Concello de Barbadás ten aberto ata o día 21 de abril o prazo para inscribirse no programa Concilia Verán de 2025, dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2013 e 2021.
En total, a Concellería de Educación habilita 220 en cada unha das quendas, que serán quincenais, durante os meses de xullo e agosto. O custo será de 20 euros por cada quincena e o programa incluirá actividades lúdicas e educativas para que os nenos gocen durante os meses de verán.