Últimos días para participar no I Concurso de Postais de Nadal en San Cibrao das Viñas

As propostas poden entregarse ata o martes 15 de decembro na Biblioteca Municipal
concurso-postais-nadal-san-cibrao
11 Dec 2025

O prazo para inscribirse no I Concurso de Postais de Nadal organizado polo Concello de San Cibrao das Viñas permanecerá aberto ata o próximo 15 de decembro de 2025 ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal.

O concurso está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 10 anos empadroados no municipio ou con polo menos un proxenitor empadroado.

Está dividido en dúas categorías: infantil (3-5 anos) e xuvenil (6-10 anos), e o fallo do xurado farase público o 22 de decembro, con premios para ambas categorías.

⚙ Configurar cookies
0.084794044494629