Últimos días para solicitar plaza no transporte escolar municipal de Allariz

OurenseXa
As persoas interesadas poderán inscribir aos seus fillos e fillas ata o 6 de setembro
Transporte escolar
4 Sep 2025

O Concello de Allariz mantén aberto ata o 6 de setembro o prazo de inscrición no servizo de transporte escolar municipal para o curso 2025/2026, un servizo que ten como obxectivo facilitar un desprazamento cómodo e seguro ao alumnado.

As familias interesadas poden obter información e formalizar a súa solicitude na Piscina Municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.gal.

⚙ Configurar cookies
0.17935800552368