Un centenar de expertos internacionais déronse cita en Ourense no VI Congreso Internacional Aeroespacial
O Consorcio Aeroespacial Galego (CAG), organizou os días 13 e 14 de xuño o VI Congreso Internacional Aeroespacial, un evento que reuniu aos principais representantes da industria aeroespacial e aeronáutica do panorama internacional.
O obxectivo principal desta cita, á que asistiron máis dun centenar de expertos de España, Francia e Polonia, foi poñer en común as novas liñas de actuación da industria e compartir o coñecemento e a valoración dos diferentes actores sobre o futuro do sector, así como as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo e os proxectos que se están a levar a cabo no ámbito das naves non tripuladas.
Á cita asistiron distintas autoridades, como a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana e o presidente do Consorcio Aeroespacial Galego, Enrique Mallón, así como o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.