Un equipo de investigadores do Campus de Ourense lidera un estudo sobre impacto do cambio climático

OurenseXa
Ao fronte da investigación atópase o físico Juan Antonio Añel, presidente go Grupo Especializado de Física da Atmósfera e do Océano da Real Sociedade Española de Física e Profesor Titular de Física da Tierra no EPhysLab, en Ourense
uvigo-suiza
Investigadores do Campus de Ourense lideran estudo sobre impacto do cambio climático
Redacción Ourensexa
27 abr 2024

Un equipo intencianional liderado por investigadores da UVigo no campus de Ourense está a desenvolver, desde o ano 2022, un proxecto sobre os impactos do cambio climático nas capas altas da atmósfera, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Ao fronte da investigación atópase o físico Juan Antonio Añel, presidente go Grupo Especializado de Física da Atmósfera e do Océano da Real Sociedade Española de Física e Profesor Titular de Física da Tierra no EPhysLab.

O equipo atópase actualmente en Suiza, na sede do ISSI, onde están a celebrar a súa segunda xuntaza, na que avalían os avances do proxecto, que conta coa participación de once institucións de sete países diferentes e entre as que se atopan algunhas tan prestixiosas como a Universidade de Oxford, a Nasa ou o MIT.

Añel, incide en que o proxecto está avaliar “en que estado nos atopamos para monitorizar os impactos do cambio climático nas capas máis altas da atmosfera, xa que agora mesmo temos unha gran falla de datos e sistemas de observación e as misións de satélite previstas nos próximos anos non solucionan estes problemas”. Lembra, ademais, que gran parte da importancia deste estudo radica no descoñecemento sobre os impactos do cambio climático nas capas altas da atmosfera. Ademáis incide en que o proxecto tamén supón "construír unha base de datos de observacións da atmosfera media para poder estudar mellor ditos impactos e cuantificar o impacto das emisións dióxido de carbono na ionosfera e certas propiedades da atmosfera alta, tales como a densidade de electróns". Esto, explica, "é importante porque está afectando á navegación de satélites e ao seu tempo de reentrada na atmosfera e aumentando o tempo de permanencia en órbita do lixo espacial e polo tanto aumentando a súa cantidade”, sinala. Por último, no marco desta iniciativa farase un informe con recomendacións sobre como solucionar estes problemas".