Un total de 28 concellos ourensáns están incluídos nas zona tampón para o control do Nematodo do Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicó el pasado viernes la resolución da Consellería do Medio Rural a atualización das zonas demarcadas e as medidas para o control do Nematodo do Piñeiro. Esta norma publícase porque, malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo nocivo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, especialmente a partir do 2018.
Os concellos total ou parcialmente incluídos na zona tampón na provincia de Ourense son A Arnoia, Avión, Bande, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, Toén e Verea.
Pola súa banda, na de Pontevedra os incluídos son A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo. Pola súa banda, a zona tampón inclúe A Cañiza, Bueu, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Pazos de Borbén, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo e Vilaboa, na provincia de Pontevedra.
Neste territorio da zona demarcada deberán executarse unha serie de medidas de contención que se explican na resolución. Algunhas delas obrigatorias, como, entre outras, as que teñen os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona infestada de cortar todas as árbores sensibles nas que se detecte a presenza do nematodo, así como de retirar e eliminar as plantas cortadas e os restos de corta tomando todas as precaucións necesarias para evitar a propagación do organismo e os seus vectores.
Ademais, os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona tampón teñen a obriga de identificar e cortar todas as plantas sensibles mortas, con mala saúde, ou afectadas por incendios forestais ou tormentas. A resolución tamén contempla unha serie de condicións para a circulación e traslado tanto das plantas como da madeira e a codia sensibles fóra das zonas demarcadas e de zona infestada á zona tampón.