Un total de 62 vivendas da provincia de Ourense beneficiáronse das axudas para a mellora da eficiencia enerxética

Un total de 62 vivendas da provincia de Ourense beneficiáronse o pasado ano do programa de axudas para actuacións de mellora da eficiencia enerxética, nas que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que deixou preto 178.000 euros na provincia ourensá.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou, na cidade de Ourense, unha das 62 vivendas beneficiadas, o ano pasado, do destinou preto de 178.000 euros na provincia ourensá.
O delegado territorial, visitou unha destas vivendas na cidade de Ourense, e lembrou durante a súa visita ao inmoble, que a Xunta vén de lanzar unha nova convocatoria destas achegas cun orzamento global de preto de 2,2 millóns, dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas, e que poden solicitalas antes do 8 de xullo. Así mesmo, detallou que o importe a percibir será do 40% do custo subvencionable, a partir dun investimento de 1.000 euros e cun límite máximo de 3.000 euros por vivenda.
Manuel Pardo subliñou que as intervencións nas vivendas individuais, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, teñen como obxectivo reducir a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 % ou reducir o consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %. Tamén se enmarcan nesta orde de axudas, as actuacións para modificar ou substituír elementos construtivos da envolvente térmica co fin de adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire.
O representante do Goberno galego destacou tamén que, entre 2021 e 2024, o executivo autonómico concedeu en Galicia axudas para a mellora da eficiencia enerxética de 3.792 vivendas por importe de 10,5 millóns de euros.