Un veciño da Valenzá gaña o Certame Nacional de Acordeón na súa categoría

OurenseXa
Trátase de Izan Justo Calviño, que cursa estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e na escola da Asociación Música e Cultura de Galicia
izan-justo-calviño
Izan Justo Calviño
25 Jun 2025

Izan Justo Calviño, veciño da Valenzá, resultou gañador na súa categoría no 58º Certame Nacional de Acordeón, celebrado recentemente na cidade da Coruña. O concurso contou coa participación de acordeonistas procedentes de distintos puntos de España e organizouse en 20 categorías dentro das modalidades de música clásica, varieté, conxuntos, música de cámara e orquestras.

Izan, de 12 anos, cursa estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e na escola da Asociación Música e Cultura de Galicia. Ademais deste último recoñecemento, o novo acordeonista xa conta no seu palmarés con dous premios no Certame Mestre Vide de Ourense e outros dous no Certamen Aris del Puerto de Ponferrada.

O Concello de Barbadás felicitou ao mozo polo seu logro e destacou o seu compromiso coa música desde idades temperás.

⚙ Configurar cookies
0.1727340221405