Unha balsa de auga obriga a cortar a OU-0300 entre Allariz e Celanova

O Concello de Allariz informa de que, debido ás intensas choivas e ao vento, estanse a rexistrar balsas de auga en varias estradas do municipio, así como árbores caídas.
Desde o Concello piden á veciñanza que evite circular por zonas anegadas e extreme a precaución ao volante, respectando sempre a sinalización e as indicacións dos servizos de emerxencia. Os servizos municipais están a traballar para solucionar as incidencias o antes posible, segundo informan desde o Goberno municipal.
En particular, na estrada OU-0300, no punto quilométrico 2, o carril está totalmente cortado por unha balsa de auga que dificulta a circulación. Recoméndase circular con precaución na dirección Celanova / Allariz.