Unha vintena de artistas ourensáns organizan unha mostra en apoio ao pobo palestino
OurenseXa
Todo o recaudado da venta das obras doadas polos artistas irá destinado ás familias de Gaza e Cisjordania
21 Jun 2024
Vinte e dous artistas ourensáns participan nunha mostra colectiva en apoio ao pobo palestino que arranca este venres, 21 de xuño, e estará aberta ao público ata o 14 de xullo na rúa da Cruz, número 3, no Concello de Allariz.
A inauguración terá lugar este venres ás 20.00 horas e contará coa actuación de Esperanza e Ricardo Coronel, que interpretarán con "poesía e tangos".
Todo o recaudado da venta das obras doadas polos artistas irá destinado ás familias de Gaza e Cisjordania.