Unha vintena de mulleres de coles participaron nun taller sobre saúde mental centrado no apoio e na escoita

O Concello de Coles desenvolveu o taller de saúde mental “O que teño e o que me sostén”, unha actividade na que as persoas participantes compartiron un espazo seguro onde practicar a escoita activa.
Durante o encontro puxéronse en común experiencias nun ambiente de apoio, no que se destacou a importancia de acompañarse e de coidar da saúde mental de forma colectiva. O encontro, destacan dende o Concello, serviu como un espazo onde “apoiarse, medrar e reconectar”.