Verea inaugura a súa decoración de Nadal elaborada polos nenos e nenas da ludoteca

O Concello de Verea inaugurou este fin de semana a decoración navideña deste ano, elaborada polos nenos e nenas da ludoteca, coa axuda da súa monitora e dos traballadores do Concello.
Desde o Concello explican que a proposta recrea un viaxe de Papá Noel desde o Polo Norte ata Verea, onde na súa fábrica de xoguetes, rodeado de osos polares, focas e esquimales, traballa xunto cos seus elfos e trasnos.
O belén, que forma parte desta decoración, pode visitarse na Biblioteca do Concello, onde está protexido por dúas figuras de soldadiños cascanoces.