Vilamarín prepara a Xuntanza 2025 con actividades para toda a familia

O sábado 30 de agosto, o Concello de Vilamarín acollerá a Xuntanza Vilamarín 2025 nas instalacións deportivas do Outeiro Maior, a partir das 16:30 horas.
O evento contará cun programa amplo de actividades para todas as idades, incluíndo música en directo, pinchos, xogos para nenos e maiores, inchables, toro mecánico, piscina, karaoke e festa da espuma, entre outras sorpresas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 29 de agosto na Casa do Concello de Vilamarín ou chamando ao teléfono 988 286 000. O prezo do ticket é de 5 euros.
A cita convértese nunha oportunidade de desfrutar dunha tarde de lecer e diversión en familia e coa veciñanza.