Vilarrubín celebra este martes o seu San Martiño

OurenseXa
A cita contará cunha sesión vermú, verbena coa orquestra Los Satélites e un Magosto popular
festas-vilarrubin
9 Nov 2025

A parroquia de Vilarrubín, na Peroxa, celebrará este martes, 11 de novembro, as súas festas en honra a San Martiño.

As celebracións arrancarán ás 12:30 horas cunha misa solemne e, ao remate, comezará a sesión vermú, que estará amenizada polo quinteto de música tradicional Somos Nós.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, comezará a verbena a cargo da orquestra Los Satélites e, a partir das 21:30 horas, haberá un Magosto gratuíto para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.074288129806519