Visita guiada ao Castro de Trelle para coñecer os achados da campaña arqueolóxica de 2025

OurenseXa
A actividade celebrarase este sábado ás 12.00 horas e permitirá descubrir de primeira man os resultados das últimas escavacións
TOÉN castro de trelle
6 Jan 2026

O Castro de Trelle acollerá este sábado unha visita comentada á escavación arqueolóxica realizada no marco da Campaña 2025. A cita está prevista para as 12.00 horas e ten como obxectivo achegar ao público os principais resultados dos traballos desenvolvidos no xacemento, nun percorrido guiado no que se explicarán os avances e as conclusións das intervencións.

A campaña foi executada polas empresas Breogán Arqueoloxía e Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Segundo a información difundida, a actuación foi promovida polos concellos de Toén e Barbadás e contou con financiamento da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.080513000488281