Xa está aberto o prazo para votar nos concursos de decoración de Nadal do Concello de Barbadas

Desde o 10 ata o 17 de decembro, os veciños poden votar polas mellores decoracións de Nadal en dúas categorías: balcón, xanela e portal, e establecementos comerciais e hostaleiros.
As votacións realízanse a través dun formulario dispoñible na páxina web do Concello, onde os participantes poden elixir a decoración que máis lles guste en cada categoría.
O Concello anima a toda a poboación a participar e apoiar a creatividade e o espírito nadaliego no municipio.