Xa están abertas as inscricións para o Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido de Taboadela 2026
OurenseXa
Poderán participar comparsas, disfraces individuais e disfraces en grupo

19 Jan 2026
O Concello de Taboadela abriu hoxe o prazo de inscrición para participar no Concurso de Disfraces e Comparsas do Entroido 2026, que este ano repartirá un total de 400 euros en premios.
Os interesados poderán inscribirse ata o 10 de febreiro de 2026 nas oficinas do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Poderán participar comparsas, disfraces individuais e disfraces en grupo, nas categorías infantil e adulto.
Dende o Concello animan a todos a sacar o seu mellor disfraz e sumarse a esta tradición festiva.