Xa pode visitarse en Celanova a mostra ‘Pintura y tinta’, de Pedro Castro Couto

OurenseXa
Estará aberta ao público na Casa dos Poetas ata o vindeiro 24 de xullo
mostra-pintura-y-tinta-celanova-casaa-dos-poetas
Inauguración da exposición 'Pintura y Tinta' na Casa dos Poetas
29 Jun 2025

O artista Pedro Castro Couto, coñecido como “Perico”, expón na Casa dos Poetas de Celanova a súa mostra ‘Pintura y tinta’. Nela, o artista ofrece un percorrido pola súa obra recente, na que destacan paisaxes e retratos que crean atmosferas onde se mesturan realidade e fantasía.

Nado en Ferrol e residente na Coruña, nesta ocasión o autor aposta pola tinta como protagonista, por riba do óleo e do acrílico, amosando así unha nova faceta da súa traxectoria. A través de debuxos e gravados, exhibe o seu dominio da liña, da luz e da sombra.

A elección de Celanova non é casual: a vila foi escollida polo seu rico patrimonio histórico e cultural, o que permite un diálogo entre a obra contemporánea do artista e o contexto monumental da Casa dos Poetas.

Ademais das obras principais, a exposición incluirá retratos caricaturescos de literatos e pintores, así como ilustracións a plumilla sobre o patrimonio de Ourense.

A mostra poderá visitarse ata o 24 de xullo, de martes a sábado en horario de mañá e tarde.

⚙ Configurar cookies
0.16370010375977