Xavier Castro presentou no Liceo de Ourense o seu novo libro sobre os viños galegos

OurenseXa
O historiador e especialista en cultura gastronómica e vitivinícola de Galicia achegou ao público ourensán unha guía completa sobre os viños galegos que se atopan actualmente no mercado
presentacion-xavier-castro-viños-ourense
17 Dec 2025

O historiador e especialista en cultura gastronómica e vitivinícola de Galicia, Xavier Castro, presentou este martes no Liceo de Ourense o seu novo libro 'Os grandes viños galegos'. Orixinalidade e historia, publicado por Ézaro Ediciones, unha obra que se converteu na guía máis completa e fiable sobre os viños galegos que se atopan actualmente no mercado.

O acto, celebrado ás 19:00 horas, contou coa participación de Antón Alonso, director da revista Vinos y Caminos, e reuniu a público interesado no mundo do viño e na cultura gastronómica galega.

O libro ofrece un percorrido exhaustivo polas cinco denominacións de orixe de Galicia —Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei—, así como polas cinco Indicacións Xeográficas e por distintos proxectos emerxentes que están a marcar tendencia a nivel internacional.

A través dunha análise detallada, a obra pon en valor o traballo de viticultores e adegueiros que, con paixón e respecto pola terra, proxectaron a identidade de Galicia máis alá das súas fronteiras. Ademais, presenta unha visión global do sector vitivinícola galego, combinando historia, variedades, paisaxes e persoas, e subliña a importancia cultural do viño na vida social e tradicional da comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.079757928848267