Xosé-Henrique Costas presentará o seu novo libro en Celanova

OurenseXa
Será o vindeiro venres, 25 de abril, na Casa dos Poetas
presentacion-libro-jose-enrique-costas
21 Apr 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o venres, día 25 de abril de 2025, ás 20.00 horas a presentación da segunda parte da triloxía de Xosé-Enrique Costas ‘Banu Marwán: a estirpe do galego’ titulada ‘Entre a vontade e o destino’. Trátase dun relato histórico que transcorre na Galiza e na Hispania dos séculos VIII e IX e cuxo protagonista é un personaxe real, o muladí Muhammad ibn Marwán, 'O Galego', fundador de Badallouce (actual Badajoz) e o primeiro señor en levar colonos galegos ao val do Ellas.

No acto participará o propio autor acompañado do escritor e patrón desta entidade, Xosé Benito Reza, e do escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte. O acto versará polo tanto tamén sobre a historia e o uso actual do galego no val de Ellas en Estremadura onde é falado en tres localidades.

⚙ Configurar cookies
0.16444492340088