Xunqueira de Ambía acolle unha nova sesión de ioga e pilates dentro do Programa Rosalía

Este martes, 15 de xullo Xunqueira de Ambía será escenario dunha nova actividade do Programa Rosalía, centrado en promover a saúde, a autoestima e o benestar con perspectiva de xénero. Nesta ocasión, a sesión combinará ioga e pilates cunha charla sobre a importancia da alimentación ao longo do ciclo vital das mulleres.
A actividade celebrarase no antigo local de Abanca, ás 18:00 horas, e está aberta a todas as mulleres interesadas de forma gratuíta. O obxectivo é ofrecer un espazo para coidarse, aprender e compartir experiencias desde unha mirada feminista.
As persoas interesadas poden obter máis información no seu concello ou no teléfono 685 211 882.