Xunqueira de Ambía acollerá un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes

Xunqueira de Ambía acollerá a partir de abril o curso Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes e Institucións Sociais, unha formación dirixida a persoas que se queiran preparar para traballar en centros residenciais, centros de día ou axuda no fogar.
A formación comezará o 9 de abril e terá lugar na Aula de Formacióon do Concello, no baixo do polideportivo. As persoas interesadas en participar ou en solicitar máis información poden contactar a través do teléfono 988 436 069.