Xunqueira de Ambía celebra este venres o seu Magosto

O Concello de Xunqueira de Ambía organzia este venres, 7 de novembro, unha festa para celebrar Magosto que terá lugar na Praza do Campo, a carón da Capela de San Pedro.
A celebración, aberta á veciñanza, comezará ás 19:30 horas e contará con música, xogos e degustacións de chourizos e castañas.