Xunqueira de Ambía celebrará as Festas de San Pedro do 26 ao 29 de abril

Xunqueira de Ambía prepárase para celebrar as Festas de San Pedro de 2025, que se levarán a cabo os días 26, 27 e 29 de abril.
O programa deste ano estará encabezado pola disco móbil Apocalipsis, que actuará o sábado, día 26, e a orquestra Súper Top, que será a encargada de poñer a música durante a xornada do domingo.
Pola súa banda, o día 29 haberá unha misa e procesión acompañada pola Banda Escola.
As festas están organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía en colaboración coa Deputación de Ourense.