Xunqueira de Ambía celebrará o Samaín con merenda e desfile de disfraces

O vindeiro 30 de outubro, a veciñanza de Xunqueira de Ambía poderá gozar dunha tarde de terror e diversión coa celebración do Samaín.
A xornada comezará ás 16:30 horas cunha merenda terrorífica nas escolas vellas, onde non faltarán as sorpresas temáticas. A continuación, ás 18:30 horas, dará comezo o desfile de Samaín, no que os participantes percorrerán as rúas para pedir doces e lambetadas.
As persoas que desexen participar deberán inscribirse antes do 27 de outubro chamando ao teléfono 600 746 234.