Xunqueira de Ambía inciará este mes de novembro un curso de Atención Sociosanitaria
									OurenseXa								
			O curso arrancará o 26 de novembro e está dirixido a calquera persoa interesada en traballar no ámbito dos coidados
 					
					
2 Nov 2025
			
				O Concello de Xunqueira de Ambía abriu o prazo de inscrición para o Curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A formación está dirixida a calquera persoa interesada en traballar no ámbito dos coidados, tanto no fogar como en residencias.
O curso desenvolverase de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, a partir do 26 de novembro. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no mesmo horario de luns a venres, directamente no Concello.