Xunqueira de Ambía organiza un curso de debuxo e pintura

O Concello de Xunqueira de Ambía organiza un curso de debuxo e pintura para a veciñanza que terá lugar os luns e os xoves en horario de mañá, de 10.00 a 20.00 horas.
As clases serán impartidas no antigo local de Abanca e o prezo será de 10 euros a semana. O curso comezará este mesmo luns, 8 de setembro. Para máis información, a veciñanza pode consultar coa organización no teléfono 697 704 006.