Xunqueira de Ambía terá actividades de conciliación durante Semana Santa

O Concello de Xunqueira de Ambía pon en marcha unha nova edición do programa Concilia Semana Santa, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación familiar durante o período festivo.
A actividade está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase en horario de mañá, entre as 8.00 e as 14.00 horas. Segundo indican desde o Concello, terán prioridade na inscrición as persoas empadroadas no municipio e tamén o alumnado do CEIP Padre Crespo.
As familias interesadas poden solicitar máis información ou realizar a inscrición contactando co Concello a través do teléfono 988 436 069 ou do correo electrónico concello.xunqueiradeambia@eidolocal.es.