Xunqueira de Espadanedo recibiu preto de 30.000 euros para a recuperación do neveiro de Santa María

Concretamente, as actuacións contaron cun orzamento de 29.645 euros grazas a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia
neveiro-de-xunqueira-de-espadanedo
Neveiro do Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo
7 Out 2024

O Concello de Xunqueira de Espadanedo recibiu preto de 30.000 euros para a recuperación e sinalización do Conxunto Etnográfico do Neveiro do Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, que data do século XVII e que constitúe un dos conxuntos patrimoniais de maior valor histórico da provincia.

Concretamente, as actuacións contaron cun orzamento de 29.645 euros financiados grazas a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia destinada a actuacións de mellora das infraestruturas turísticas para concellos de menos de 10.000 habitantes.

0.20421099662781