XXVI Festival de Jazz Primavera trae a Ourense ao músico americano Immanuel Wilkins
O compositor e músico americano, Immanuel Wilkins, subirase este venres, ás 22.30 horas, ao escenario do Café Latino de Ourense dentro do ciclo de concertos XXVI Festival de Jazz Primavera de Ourense.
A música do saxofonista e compositor Immanuel Wilkins está chea de empatía e convicción , enlazando melodía e queixume con adornados momentos de amplitude e respira- ción. Os afeccionados ao jazz coñeceron este fascinante son co seu aclamado debut chamado Omega, nomeado Mellor Álbum de Jazz de 2020 por The New York Times. O seu debut tamén supuxo a presentación do seu excepcional cuarteto con Micah Thomas ao piano, Tyrone Allen ao contrabaixo e Kweku Sumbry coa batería, unha engrenaxe perfecto que Wilkins presenta de novo co seu impresionante segundo álbum The 7th Hand.
The 7th Hand explora as relacións entre a presenza e a nada nunha suite dunha hora composta por sete movementos. Á hora de escribir, Wilkins comezou a visualizar cada movemento de forma que a música fose totalmente improvisada, canalizada colectivamente polo cuarteto. “É a idea de converterse nun conduto para a música como un poder superior que realmente inflúe no que estamos a tocar” afirma o artista afincado en Brookyln e criado en Filadelfia, de quen a revista especializada Pit- chfork di que “compón obras épicas que teñen a profundidade dun océano”.
The 7th Hand deriva o seu título dunha cuestión impregnada de simbolismo bíblico: se o número 6 representa o alcance das posibilidades humanas, Wilkins preguntouse que supoñería -como soaría- invocar a intervención divina e permitir que ese sétimo ele- mento posúa ao seu cuarteto.
Wilkins e a súa banda revelan a súa verdade colectiva mostrándose abertamente. Capa por capa, movemento por movemento. “Cada movemento vai desposuíndo á banda ata o último movemento, só unha nota escrita”, di Wilkins. “O obxectivo do que todos in- tentamos chegar é a nada, onde a música poida fluír libremente a través de nós”.