Cultura
A MITEU pechou a súa 30ª edición con arredor de 4.000 asistentes
O grupo universitario Maricastaña do campus de Ourense puxo o broche de ouro a unha edición de éxito que contou con 19 espectáculos entre teatro de sala, representacións de rúa, música e danza
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle un coloquio sobre Virxilio con motivo do seu centenario
Persoas achegadas ao pintor ourensá e profesionais da arte compartirán miradas sobre o seu legado
A Biblioteca Nós presenta o programa de actividades para o mes de maio
Exposicións, encontros con autores e moitas máis actividades completarán un programa co foco posto no Día das Letras Galegas
A MITEU 2025 encara a súa segunda semana con sete propostas teatrais
O programa arranca este mesmo luns coa compañía Grahødjæns (Dinamarca), que presentará a súa obra sen título no Teatro Principal
Amigos do Patrimonio de Toén: unha plataforma para dignificar a historia e a cultura local
Pablo Sabucedo, historiador e membro da Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén, explica como é o traballo desta plataforma cultural para recuperar o patrimonio e as tradicións do municipio
“O noso obxectivo fundamental é divulgar a cultura galega”
Falamos con David Villarino Olmos, director e profesor da escola da agrupación Lembranza Solpor, que leva case medio século traballando pola preservación, difusión e ensino da música e do baile tradicional galego en Celanova
A Coral do Liceo pechará a Semana Santa de Ourense co seu tradicional Concerto Sacro
Será o luns, 21 de abril, na Igrexa de Santa María Nai
Barbadás festexa a Semana do Libro con contacontos, xogos e obradoiros
Entre o 21 e o 25, a Biblioteca e as librarías de Barbadás encheranse de actividades dirixidas aos nenos e nas do municipio
O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura a mostra ‘Se ha descubierto agua en la luna’
Trátase da primeira exposición que combina as técnicas de óleo e origami
Iván Ferreiro chega ao Teatro Principal de Ourense coas entradas esgotadas
O cantante, xunto con Amaro Ferreiro, dará un concerto en acústico para presentar a nova edición do Ouren Sound Fest
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre darán un concerto na Festa dos Maios de Ourense
Será o domingo, 4 de maio, na Praza Maior
Descubrindo o patrimonio: a vila medieval de Allariz
Declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1971, a vila de Allariz conta cun amplo patrimonio histórico e arquitectónico que a converten nun dos lugares máis atractivos da provincia
‘O dragón de ouro’, de Sarabela Teatro, acada catro galardóns nos XXIX Premios de Teatro María Casares
A obra da compañía ourensá logou galardóns nas categorías de actriz secundaria, adaptación-tradución, iluminación e espazo escénico, este compartido con ‘Iribarne’, de Butaca Zero
A MITEU 2025 fai público o programa completo para o seu 30 aniversario
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense regresa entre o 23 de abril e o 10 de maio con 19 espectáculos da man de 13 compañías universitarias e seis profesionais
O Museo de Olería de Niñodaguia organiza a V Fornada Tradicional de Niñodaguia
Será este sábado, 5 de abril, con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2025
A Mostra Internacional de Teatro Universitario regresa a Ourense a partir do 23 de abril
A MITEU 2025 desenvolverase ata o 10 de maio e contará con preto dunha trintena de actividades como representacións, coloquios, obradoiros e unha exposición
A Semana Santa ao vivo regresa a Allariz do 17 ao 20 de abril
O Concello vén de presentar o programa para este ano, que incluirá actividades infantís, o Mercado da Reserva da Biosfera, roteiros culturais e, sobre todo, moita música
O Teatro Principal de Ourense arranca o mes de abril con vistas á MITEU 2025
Algunhas das pezas que se poderán ver durante o mes de abril son ‘El castillo de lindacridis’, ‘Un deus salvaxe’, ‘Casting Lear’ e ‘Bodas de Sangre’
Ecoloxistas en Acción levan a Barbadás a mostra ‘Sen insectos non hai vida’
Pode visitarse ata o 11 de abril na Casa da Cultura Manuel María
Nabiza Girl chega este venres á Casa da Cultura Manuel María
A súper heroína galega dará unha función dirixida a público adulto ás 20.00 horas
Baldomero Moreiras e Manuel Vidal centran o ciclo ‘Mirar el Arte’ deste venres no Marcos Valcárcel
Xavier Limia será o encargado de afondar nas figuras de ambos artistas nunha conferencia titulada ‘Manuel Vidal e Baldomero Moreiras, arte e testemuña’, organizada pola Fundación Cum Laude
Dezasete artistas plásticas ourensás amosan a súa obra na exposición ‘Marzo todo o ano’
Poderá visitarse no Centro Cultural José Ángel Valente ata o 27 de abril
Os museos etnográficos da provincia de Ourense protagonizan unha exposición no campus
Entre os museos e centros recollidos están o de Olería de Niñodaguia, o da Identidade de Chandrexa de Queixa ou o do Coiro de Allariz
As obras no Museo Arqueolóxico de Ourense estarán listas a principios de 2026
Así o confirmou o senador socialista pola provincia de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, na comisión de cultura celebrada este luns




