Iván Ferreiro chega ao Teatro Principal de Ourense coas entradas esgotadas

OurenseXa
O cantante, xunto con Amaro Ferreiro, dará un concerto en acústico para presentar a nova edición do Ouren Sound Fest
ivan-ferreiro-portada
Iván Ferreiro
11 Apr 2025

O Ouren Sound Fest celebra este ano o seu décimo aniversario consolidándose como un referente no panorama galego. Con motivo dos seus dez anos de his-toria, para este ano a organización do festival prepara un concerto de presenta-ción moi especial, que terá lugar este venres e contará coa presenza de dous dos artistas máis importantes no panorama galego: Iván e Amaro Ferreiro. As entradas para o evento lograron esgotarse en unha semana.

O Ouren Sound dá comezo así ás actividades previstas para a esta nova edición, que terá lugar os días 22, 23 e 24 de maio no complexo deportivo de Monterrei, situado no Concello de Pereiro de Aguiar.

O cartel deste ano está composto por artistas como Dani Fernández, Viva Sue-cia, Xoel López, Siloé, Sexy Zebras, Neverland Bari, Carlos Crespo & Kris K Djs, A Duendeneta, Guadi Galego, Ultraligera, Hoonine ou Gargantúa.

⚙ Configurar cookies
0.16227412223816