Infraestructuras
Xunqueira de Espadanedo finaliza a substitución de carpintarías dun inmoble municipal
O proxecto contou cun orzamento total de 11.047 euros
Avanzan as obras de mellora no Centro de Saúde e Protección Civil de Baños de Molgas
As actuacións contan cunha inversión de máis de 115.000 euros e teñen como obxectivo a mellora da envolvente térmica, a substitución das carpinterías, a instalación máis eficiente no interior do edificio e a mellora do sistema de climatización e calefacción
O Concello de Allariz mellorará a pavimentación na urbanización San Bieito
As actuacións contemplan melloras no firme, na accesibilidade ou creación dun espazo de lecer con céspede artificial, entre outras
Recibidas 11 ofertas para executar as obras de humanización dunha praza en Fonteboa, en San Cibrao das Viñas
A praza sitúase na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga e os traballos, licitados por 150.000 euros, prevén a súa remodelación integral
Sumar denuncia o estado das obras do tren entre Ourense e Monforte
Aseguran que o estado das mesmas é “lamentable” e piden unha resposta urxente por parte de Adif
Arrancan os traballos de restauración das fachadas do Pazo Provincial cun orzamento próximo aos 100.000 euros
Os traballos comprenderán tanto o pintado dos panos brancos como o arranxo da fachada principal, que sufriu graves danos polo lanzamento de pintura, botes de fume e petardos
Os socialistas ourensáns poñen en valor o copromiso do Goberno do estado coas estradas da provincia
Destacan os traballos iniciados na N-525 ao seu paso pola capital
Comezan os traballos de mellora do firme da N-525 en Ourense
As actuacións desenvolveranse ao longo de cinco fases durante un prazo estimado de 15 a 20 días entre os quilómetros 235 e 236,3
Licitado por máis de 9,1 millóns de euros o contrato para a conservación da AG-53 e da AG-54
O obxectivo é seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54) durante os vindeiros 4 anos
Rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol Barra de Miño de Coles
Substituíuse por completo a cuberta e mellorouse o illamento do edifico de vestiarios
O PP de Monforte pide a rehabiltación integral da N-120 entre O Barco de Vadeorras e Ourense
Presentarán no vindeiro pleno unha iniciativa para instar ao Ministerio de Transportes a que arranxe a estrada
Arrancan as obras do Parque Canedo cunha inversión de máis de sete millóns de euros
O proxecto contempla a construción dun gran parque público de 18.000 metros cadrados, un aparcamento público subterráneo con 319 prazas, unha piscina de case 800 m2, 3 zonas de xogos e unha pista deportiva
O Sindicato Médico de Galicia esixe ao Sergas unha solución para evitar máis accidentes no Materno Infantil de Ourense
A Central Sindical afirma que existe un risco real, tanto para os profesionais que desempeñan alí o seu traballo como para os pacientes que acoden a ser atendidos, pola falta de mantemento do edificio
Esta semana arrancarán os traballos de limpeza en varias estradas autonómicas ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense
Iniciaranse os traballos de limpeza na LU-616 ao seu paso polo Saviñao así como o acondicionamento das sendas da estrada OU-101, en Ourense e nas da estrada OU-537 ao seu paso polo Parque Teconolóxico e o polígono de Pereiro de Aguiar
Interior Galego Vivo denuncia o mal estado das estradas estatais no interior das provincias de Ourense e Lugo
Poñen de relevo “estado actual da N-540 entre Lugo e Ourense, que representa un serio perigo para a seguridade viaria”, así como a situación da N-120 entre Monforte de Lemos e Os Peares
As obras no Museo Arqueolóxico de Ourense estarán listas a principios de 2026
Así o confirmou o senador socialista pola provincia de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, na comisión de cultura celebrada este luns
Aprobada a licenza para ampliar o colexio Ben Cho Shey cun orzamento de preto de 2 millóns de euros
Tamén esta semana rematou o prazo de revisión do concurso de ideas para o proxecto do futuro instituto de Pereiro de Aguiar, cuxas obras está previsto que comecen a finais deste ano ou principios de 2026
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Jeff Tweedy en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de De Ninghures en Coruña
OcioenGalicia
Programación de Navidad 205-2026 en Arteixo
OcioenGalicia
Concierto de Gilberto Santa Rosa
OcioenGalicia
Concierto de Scarecröw
OcioenGalicia
Concierto de Atún Blanco
O PSdeG de Ourense reclama a mellora da rúa do Portalón e as zonas recreativas de Reza
Denuncian que a sinalización como as marquesiñas de autobús requiren ser renovadas, mentres que a rúa principal precisa unha reforma integral
Arrancan as obras de 64 vivendas públicas en Cambeo de Raia
Os traballos contan cun investimento de 13,6 millóns de euros e o prazo de execución previsto é de 16 meses
O casco vello de Ourense xa conta coa declaración de área Rexurbe
A declaración desta nova área Rexurbe comprende practicamente a totalidade do núcleo histórico da cidade e trata de facilitar a rehabilitación de vivendas, así como obras de urbanización e reurbanización
Continúan os traballos de limpeza nas marxes da OU-101 e da OU-104 ao seu paso por Maceda
Levaranse a cabo traballos de limpeza e roza de vexetación, así como reposición ou reparación de elementos de valado
Avanzan as obras na futura residencia de maiores de Verea
O novo centro aloxará a 24 usuarios e contará cunha área para actividades, rehabilitación e comedor e outra para administración e consulta médica
O BNG de Esgos pide rehabilitar e dar uso ás vivendas sociais do Camiño Saramagal
A formación nacionalista sinala que o bloque de vivendas cedido á Garda Civil “só é utilizado parcialmente” e destacan a “infrautilización dun ben escaso e necesario como a vivenda”
A subida ao Seminario de Ourense será reparada durante 2025
Tamén procederase ao acondicionamento doutras travesías autonómicas ao seu paso polo concello de Ourense como o Progreso, Emilia Pardo Bazán, Sáenz Díez ou Bos Aires




