Infraestructuras
Rematadas obras de humanización en Moreiras cun investimento superior aos 400.000 euros
A actuación executada ao abeiro do Plan Hurbe incorpora novas zonas de lecer, equipamentos deportivos, melloras de accesibilidade e espazos de convivencia no núcleo de Toén
O PSdeG Ourense destaca o investimento de 2,1 millóns de ADIF para mellorar a permeabilidade ferroviaria na cidade
As obras ampliarán os pasos de Ramón Puga e Tarascón e forman parte da estratexia de integración urbana do ferrocarril en Ourense
Comezan as obras da nova senda peonil de Reza cun investimento de 1,5 millóns de euros
A actuación permitirá crear un itinerario continuo de 2,3 quilómetros ao longo da OU-402 e completar máis de 16 quilómetros de sendas autonómicas na comarca de Ourense
Completada a nova senda peonil da OU-537, en Pereiro de Aguiar
A senda conecta a zona de Monterrei co Parque Tecnolóxico de Galicia e dá continuidade ás obras realizadas o ano anterior na estrada OU-536, no tramo entre Ceboliño e Castadón
Un estudante propón unha pasarela baixo o viaduto ferroviario de Ourense para mellorar a conexión sobre o Miño
A iniciativa, que nace como un traballo académico, será remitida ao subdelegado do Goberno en Ourense tras ser recibida polo Concello
A Xunta instala unha nova pasarela peonil en Cudeiro paralela á ponte da OU-150
A pasarela contará cunha lonxitude de 60 metros e permitirá unir dous treitos da OU-150 que xa dispoñían de senda e beirarrúas
Avanzan as obras na rúa do Progreso coa mellora do firme e das beirarrúas
Tamén están previstas intervencións noutros puntos como a elevación de pasos de peóns en diferentes cruces e a mellora da accesibilidade na contorna de varios itinerarios peonís
A pista de atletismo de Monterrei loce completamente renovada tras un investimento de máis de 400.000 euros
A actuación permitiu adaptar a infraestrutura aos estándares esixidos pola Real Federación Española de Atletismo, acadando así a súa homologación oficial
O BNG esixe “transparencia e compromiso real” para finalizar a Variante Exterior do AVE en Ourense
A formación denuncia atrasos e falta de claridade sobre a execución completa do proxecto
Finalizan os traballos de mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Paderne de Allariz
As actuacións, financiadas cunha achega de 51.630 euros do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, permitiron modernizar as instalacións e reducir o consumo eléctrico
Retómanse os traballos na Avenida de Portugal
A empresa ourensá Misturas encargarase a partir de agora das obras tras o abandono de Opain
O Concello de Baños de Molgas finaliza a mellora de camiños grazas ao Plan Camiña 2025-2026
Os traballos contaron cun investimento de 66.352 euros
Deputados do PP de Lugo e Ourense piden explicacións ao Goberno polos “retrasos” nas obras ferroviarias
Piden a Adif que presente un calendario sobre os traballos a realizar no tramo entre Covas e Monforte e denuncian incidencias neste tramo que forma parte do eixo Vigo-Ourense-Monforte-Valdeorras-Ponferrada-León
O PP denuncia a “falta de avances” por parte de ADIF nos pasos de Ramón Puga e Tarascón
Critican que, catro anos despois, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias aínda non concretou unha data para licitar os traballos
Barbadás inicia traballos de mellora da rede de abastecemento na contorna da Glorieta da Familia
A intervención, cun investimento de 54.000 euros, ten como obxectivo a modernización da rede para mellorar o servizo e reducir incidencias
O Goberno destina 9 millóns á reparación de estradas en Ourense tras os danos dos temporais
Entre as actuacións promovidas polo Goberno de España destacan os traballos levados a cabo actualmente na N-525, ao seu paso por Cambeo
A Deputación inicia a reparación de muros de contención danados polos temporais en Coles e Carballeda de Avia
Os traballos afectan á OU-0504, no concello de Coles, e na OU-0306, en Carballeda de Avia, cun investimento total superior aos 110.000 euros
O PSdeG pide á Xunta “readaptar con urxencia” o transporte por autobús nas comarcas do oriente ourensán
Celebran a recuperación das paradas na Gudiña pero piden “conexións reais” cos novos horarios do AVE para as zonas de Verín, Valdeorras, Viana e Trives
O proxecto de ampliación do Vinteún contará cun investimento de 13,5 millóns e máis de 1.400 vivendas
A Xunta proxecta unha ampliación do barrio, cun modelo urbanístico no que as vivendas convivirán con amplas zonas verdes, espazos públicos e itinerarios pensados para o tránsito peonil
Pedro Blanco supervisa os traballos na N-540 ao seu paso por Coles
O delegado do Goberno en Galicia destaca os 9 millóns de euros que se destinaron á provincia de Ourense dentro do Plan Especial de Conservación de Estradas tras os temporais
Comezan os traballos de asfaltado na rúa Ricardo Martín Esperanza, no Polígono de San Cibrao
Os traballos desenvolveranse ata este mércores e provocarán cortes de tráfico en horario nocturno
Comezan as obras de mellora da rede de saneamento en Palmés
As actuacións inclúen a instalación de 1.460 metros de nova tubaxe distribuída en catro ramais distintos no tramo que conecta o campo de fútbol co núcleo do Burgo
Comezan os traballos de renovación integral da Subida ao Seminario
A intervención implicará a mellora completa da OU-413 e incluirá a reordenación do espazo, a mellora da mobilidade peonil mediante novos tramos de beirarrúa e novos pasos peonís
Máis espazo público e mellor accesibilidade para Moreiras cun proxecto de 355.000 euros
A actuación no concello de Toén, impulsada ao abeiro do plan Hurbe, incorpora zonas de lecer, área infantil, aparatos biosaudables e unha pista multideportiva, ademais de novo alumeado e rede de pluviais




