180 rapaces e rapazas de toda a provincia participaron na Copa Deputación de Judo

OurenseXa
Esta é a 40 edición dunha das competicións de formación máis lonxevas da provincia de Ourense, ideada no seu momento polo Mestre Nacional Manuel Montero
Entrega de medallas da Copa Deputación de Judo 2024
8 Jul 2024

O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense albergou esta fin de semana a terceira e última xornada da Copa Deputación de Judo de Ourense, que este ano festexa os seus corenta anos de historia.

180 judokas de ambos sexos participaron nesta xornada que ten como fin o fomento do deporte entre a rapazada, así como poñer en valor o espírito do judo. Na competición participaron judokas de todos os clubs da cidade, ademais das escolas de Cambeo, Baños de Molgas e Allariz.

A Copa, integramente patrocinada polo servizo de Deportes da Deputación de Ourense e organizada pola Delegación Ourensá de Judo, é a competición máis importante a nivel provincial e o principal viveiro de novos judokas, sinalan desde a organización.

Esta é a 40 edición dunha das competicións de formación máis lonxevas da provincia de Ourense, ideada no seu momento polo Mestre Nacional Manuel Montero, recentemente galardoado co 8ºDan de Judo pola Federación Española.

0.098767995834351