46 familias beneficiaranse este ano das axudas á natalidade do Concello de Pereiro de Aguiar

O Concello do Pereiro de Aguiar, presidido por Luis Menor, confirmou a lista de beneficiarias da convocatoria anual do programa "Benvido ao Pereiro", unha iniciativa que busca fomentar a natalidade e apoiar ás familias do municipio.
Nesta edición, un total de 46 familias recibirán unha axuda de 250 euros por fillo ou filla, destinada a acompañar a chegada dun novo membro á familia e, ao mesmo tempo, dinamizar o comercio local mediante tarxetas físicas.
As tarxetas xa están dispoñibles para recollida nas oficinas do Concello. Con esta iniciativa, destaca o alcalde, Luis Menor, Pereiro consolida “a aposta por unha xestión pública centrada nas persoas e no futuro demográfico, consolidando ao Pereiro de Aguiar como un municipio comprometido co benestar familiar”