A 52º edición do Trofeo Pedro Escudero reuniu en Ourense a máis dun cento de nadadores e nadadoras
Ourense acolleu esta fin de semana a edición número 52 do Trofeo Pedro Escudero, que reuniu a máis dun centenar de nadadores e nadadoras na piscina Rosario Dueñas.
Na competición, antesala do Campionato Nacional Absoluto, desputáronse 32 probas nas que participaron destacados deportistas do panorama galego, entre os que destaca a ponteareá Carla Carrión, que se impuxo nas probas de 200 e 400 libres e no relevo mixto, acatando un total de 2.212 puntos.
O podio feminino na clasificación completárono Ana Cernadas do Fluvial de Lugo, que acadou a segunda posición, e Antía García, do Galaico.
As probas masculinas levaron á victoria ao Sergi Navarro, do club Natación Ferrol, con 1.120 puntos, seguido de Brais Novo, do Portamiñá de Lugo, e o tamén lucense Martín Pardo, do Club Fluvial.