A Asociación Xuvenil Amencer oferta decenas de actividades para os mozos e mozas da cidade durante o Nadal

OurenseXa
Os rapaces e rapazas poderán gozar de xogos, música, actividades deportivas e festas xuvenís desde este luns e ata principios de xaneiro
actividades-amencer
Actividade da Asociación Xuvenil Amencer
20 Dec 2024

A Asociación Xuvenil Amencer oferta para este Nadal preto de 80 actividades destinadas aos mozos e mozas da cidade durante as vacacións, facilitando a conciliación entre as familias e proporcionado á mocidade espazos de aprendizaxe e diversión.

Oferta formativa

A oferta formativa para este Nadal posta en marcha pola Asociación Xuvenil Amencer comezará o sábado 21 decembro cunha xornada formativa pola mañá con dúas cápsulas sobre Participación xuvenil e maquetado, onde están convocados máis de 40 animadores en cada sesión.

Por unha banda, o equipo de animadores/as de Saltimbanquis, Andaina e ADS terá a súa formación o sábado 4 de xaneiro de 11.00 a 13.00 horas.

Oferta musical

A música está moi presente este Nadal entre as actividades da asociación. Dende finais de decembro haberá ensaios e o equipo de músicos está a preparar e ensaiar a 29ª edición do festival de música pola solidariedade "XXIX BOSCOMUSIC", que será o sábado 28 de decembro ás 19 horas. O recadado será para Proxecto Home de Galicia.

Actividades conciliación familiar

Para os máis cativos desde o luns 23 de decembro ofertarase as “XVII Mañás de Nadal”. Serán actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade en horario de 9:00 a 14:00 horas, que se repartirán entre os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro.

As actividades inclúen unha visita de Papá Noel, o martes 24 de decembro, unha excursión a Pazolandia o 26 de decembro, así como unha festa anticipada de Fin de Ano o martes 31 as 12.00 horas da mañá.

XXIV ATP Nadal

O xoves 26 de decembro e o xoves 2 de xaneiro, os mozos e mozas da cidade poderán gozar das actividades do programa ‘A Tope na Ponte en Nadal’, que terán lugar polas tardes, entre as 17.30 e as 19.30 horas. Os rapaces e rapazas poderán participar en xogos e obradoiros para pasar as festas en compañía doutros mozos e mozas dunha forma divertida.

Oferta deportiva

O venres, 27 de decembro, iniciarase o XXIII torneo de 24 horas de fútbol sala que rematará o sábado 28 pola mañá.

Para os amantes do baloncesto organizarase o tradicional XXI torneo de 3 x 3 de baloncesto de Reis, que será o sábado 4 de xaneiro

Tamén organízase o III partido benéfico de baloncesto pro Operación Quilo o luns 23 de decembro de 18 a 20 h no ximnasio de Salesianos. O donativo pola entrada será de 2 euros.

Actividades propias de Nadal

O luns e o martes, 23 e 24 de decembro, os rapaces e rapaces poderán gozar de actividades de patinaxe na pista de xeo en horario de mañá, mentres que o venres, 27 de decembro, a mesma actividade terá lugar ás 20.00 horas.

Pola súa banda, o venres, 10 de xaneiro, dende as 22.00 ata as 23.30 horas haberá unha Festa Xuvenil de Reis, mentres que os pequenos terán a súa Festa Infantil de Reis o sábado, 11 de xaneiro, dende as 11.15 ata as 13.00 horas.

Proxecto “III Amencer á carta”

Este proxecto iniciado hai dous anos adapta os horarios da asociación xuvenil ás necesidades da rapazada. Nas fins de semana e vacacións ofertase a grupos informais as salas de estar (sala de xogos, tebeoteca, sala de estudo...) para ter un espazo onde encontrase, charlar, xogar... É con cita previa, é dicir, avisando con antelación para reservar o local que se precise a cada grupo concreto.

0.17110896110535