A Asaltamontes Trail reunirá este domingo en Xunqueira de Ambía a máis de 600 deportistas

A proba inclúe varias modalidades adaptadas a distintos niveis e idades nunha xornada de deporte e natureza
Asaltamontes Trail
Asaltamontes Trail
9 Aug 2025

Xunqueira de Ambía acollerá este domingo, 10 de agosto, a VII Asaltamontes Trail, unha carreira de montaña organizada por Asaltamontes Xunqueira que contará coa participación de 623 inscritos. O evento dará comezo ás 9:00 horas desde a Praza San Rosendo.

A proba inclúe varias modalidades adaptadas a distintos niveis e idades: a Asaltamontes Trail Longa, con 31 quilómetros; a Asaltamontes Trail Curta, de 14 quilómetros; a Andaina Asaltamontes, de 16 quilómetros con opcións de percorrido de 9,5 e 4,5 quilómetros; e unha modalidade Kids cun circuito dun quilómetro para os máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.10715222358704