A Asociación Anedia organiza en Ourense unha exposición para amosar a realidade das persoas con diabetes
OurenseXa
"A Orixe: a diabetes, un camiño de vida" pode visitarse no Espazo Ágora do CHUO
Cartel da mostra 'A Orixe. Diabetes, un camiño de vida'
21 Nov 2024
A exposición fotográfica "A Orixe: a diabetes, un camiño de vida" chega ao Hospital Universitario de Ourense (CHUO) da man da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) e pretende amosar a realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico, dende a orixe, para retratar as diferentes etapas desa nova senda por percorrer.
No acto inaugural estiveron presentes o Director Asistencial da Área Sanitaria, Abel Pallarés Sanmartín, a secretaria de Anedia Galicia en Ourense, Elisa López Calvo, a Xefa de Servizo de Atención ao Paciente e Humanización, Belén Piñeiro Bóveda, e diversos profesionais do servizos de Endocrinoloxía infantil e Pediatría do Hospital Universitario de Ourense.