A Asociación de Artesáns de Ourense entregou os diplomas do curso 2024

OurenseXa
A súa misión principal é poñer en valor os oficios tradicionais de Galicia, especialmente da provincia de Ourense
Entrega de diplomas de ADAO
Entrega de diplomas de ADAO
20 Dec 2024

A sede da Confederación Empresarial de Ourense acolleu este xoves a entrega de diplomas dos cursos que se impartiron desde a Asociación de Artesáns de Ourense ao longo deste 2024. A agrupación profesional está formada por artesáns de diferentes oficios da provincia de Ourense e ten como misión principal poñer en valor os oficios tradicionais de Galicia, especialmente da provincia de Ourense.

Na entrega participaron a presidenta de ADAO, Olga Santos; o presidente do Inorde e deputado provincial de Relacións Institucionais, Rosendo Fernández; e a presidenta da entidade empresarial, Marisol Novoa.

Desde ADAO, pechan esta iniciativa formativa “con orgullo e emoción, celebrando o talento e a dedicación de quen atopou na artesanía unha forma de expresión e un camiño de aprendizaxe. Estes diplomas son moito máis ca unha mención: representan esforzo, creatividade e o inicio de novas posibilidades”.

 

0.17234992980957