A Asociación de Gandeiras e Ganadeiros Galegos convoca novas protestas en Ourense para este domingo

A Asociación de Gandeiras e Ganadeiros Galegos convoca este domingo, 18 de xaneiro, unha mobilización na cidade de Ourense como parte das protestas do sector gandeiro e agrícola contra o acordo comercial entre a Unión Europea e o Mercosur, que consideran que suporía competencia desleal e outras demandas relacionadas coa rendibilidade, a Lei da Cadea Alimentaria, a PAC e a sanidade animal.
As concentracións provocará un corte de tráfico diante da Subdelegación do Goberno en Ourense de 12:00 a 13:00 horas. Durante este período, os autobuses urbanos seguirán rutas alternativas: cara ao Parque San Lázaro, desde a zona do Xardín do Posío, circularán polas rúas Pena Trevinca, Habana e Curros Enríquez; e cara ao Xardín do Posío, os autobuses irán por Curros Enríquez, Habana, Praza de Concepción Arenal e Progreso.