A Asociación Española Contra o Cancro propón crear "Espazos Sen Fume" en Baños de Molgas

OurenseXa
A poboación poderá votar para decidir a creación dun ambiente libre de fume en un dos tres espazos propostos no Concello de Baños de Molgas
aecc_baños_de_molgas
A Asociación Española Contra o Cancro propón a creación de
21 Mar 2024
A Asociación Española Contra o Cancro presentou en Baños de Molgas a iniciativa "Espazos Sen Fume", coa que pretende  promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada.
Para iso, Baños de Molgas propón tres espazos para liberar de fume, polo que a poboación xeral pode participar a través da votación seleccionando o espazo que desexen liberar na súa canle dixital. O espazo máis votado será o seleccionado “Espazo Libre de Fume”.
Dende o Concello lembran non se trata dunha prohibición senón de concienciar á poboación do espazo elixido democraticamente e que dependerá de cada quén respectalo.
Os espazos propostos para liberar de fume son: o Parque Ansuiño, o Parque Infantil de Baños de Molgas e o Paseo do Río.
0.19720721244812